PETROULHEADS

Toyota AE86 Levin

Toyota AE86 LeVin

 

O “Oito” como número da sorte no Xapón é algo que transcende ás persoas, tal é así, que a antiga Toyoda Loom Works, cando crea unha subsidiaria destinada aos automóbiles , cámbialle o nome a Toyota, impulsado porque, en xaponés, é escrito mediante oito trazos. Tal foi a casualidade que unha das series máis recordadas e un dos inicios da súa lenda no mundo da competición, leva o 8 como número predominante. É a quinta serie da histórica saga que son os Toyota Corolla, a coñecida como E80 da cal saíron grandes modelos, pero hai un que destacou co paso dos anos e que ocupa este artigo, trátase do xa referente AE86 tamén coñecido como “hachi-roku” que en xaponés significa 8-6. Cada letra do modelo cobra un significado importante. O “A” fai referencia ó seu motor, nomeado 4A; o “E” por pertencer á saga Corolla; o 8 en consonancia con ser a quinta xeración da serie e o 6 como variación do resto de modelos da serie equipados con ese motor. A partir de aquí os números 8 e 6 xuntos non volverían pasar desapercibidos para a marca nipona nin para nós, os apaixonados ás catro rodas.

O Toyota AE86 foi a aposta dos xaponeses que, en 1983, deciden lanzar un modelo asumible con tracción traseira, esta característica ademais do seu refinado chasis e o seu prezo son o que farían saltar á fama a este modelo, a pesar de ser coetáneo a outros modelos superiores. Como acostuma Toyota, este vehículo constaba de dúas versións: a “Trueno” e a “Levin”. A primeira popularizada co paso dos anos e, a segunda, máis  afín á competición. As diferenzas eran palpables sobre todo porque a versión “Trueno” equipaba faros retráctiles mentres que a edición “Levin” eran luminarias fixas, así coma as primeiras edicións coñecidas como “Zenki”, coma este modelo, e a versión “Kouki”, que foi a última revisión dos vehículos.

O nome de “Zenki” no mundo nipón fai referencia á primeira versión do vehículo (1983-1985), e a “Kouki”(1985-1987), derradeira versión do mesmo. Este vehículo montaba dende o 84’ ata o 87’ un motor de inxección denominado 4A-GE, sucesor do 2T-G considerado historicamente como un motor resistente e fiable.

Este vehículo chegou á fama cando un dos pilotos máis prominentes do Xapón, Keiichi Tsuchiya, un humilde apaixonado do mundo do motor que entrenaba nas coñecidas como carreiras  “Touge”, as cales consistían en correr polas sinuosas carreteiras nipoas, accidentadas polo carácter volcánico do país. Tal era a destreza de Keiichi que, según el mesmo, gañaba tan fácil que non quería que a xente se aburrise por iso, polo tanto, decidiu conducir como o facían nas carreiras “Touge”, é dicir, deslizando a parte traseira forzando o sobreviraxe para o que o AE86 era o coche ideal. Isto supuxo a popularización desta maneira de conducir coñecida como Drift. A gran volta á fama do coche produciuse cun manga, posteriormente convertido a Anime chamado INITIAL D creado en 1995. Centrado nas carreiras urbanas contadas a través dun adolescente de 18 anos chamado Takumi Fujiwara , estudante e repartidor de tofu no negocio familiar, que coñece as carreteiras montañosas adxacentes e que reta a outros corredores demostrando o seu coñecemento e habilidades nas rúas públicas aos mandos dun AE86 Sprinter Trueno GT-Apex.

A historia persoal de Manu con este coche é, canto menos, curiosa e demostra que, según as súas propias palabras, “co paso dos anos dáste conta de que hai cousas que están predestinadas para ti”. Entre os seus plans non estaba facerse cun vehículo xaponés, de feito, o 205 Rally ou o Clio Williams eran os coches que lle atraían máis cando comezou a interesarse polo automobilismo. Sen embargo, a influencia de Roberto, un dos seus compañeiros de instituto, que a base de insistir acerca da calidade dos modelos nipóns, sumado ao inicio de Internet influíron en Manu para comezar a descargar vídeos de Best Motoring que, “con sorte, viñan subtitulados en inglés”, ou os reportaxes de Drift, especialidade descoñecida naquel momento en España e na que os AE86 destacaban.

Corría o ano 2006 e nos arredores do seu barrio viu o seu actual coche, iso si, cunha estética completamente diferente á que se pode ver nas imaxes, que pasaba, según Manu, totalmente desapercibida, nunha cor gris azulado e coas especificacións de serie. A matrícula ourensá contribuíu a desconcertalo por completo levándoo a pensar que, si era local, significaba que pronto volvería a velo; equivocábase, non volveu a encontrarse con el ata pasado un ano, momento no que non dubida en facerlle unha oferta ao dono inicial do coche. O dono non acaba de entender o interese de Manu polo seu humilde Levin, de feito non o entendía, pasados varios días de negociacións, chegaron a un acordo e puido comezar a conducilo polas espectaculares estradas próximas a Grou, unha aldea ubicada na Baixa Limia preto da fronteira de Portugal con Galicia. O coche usase para fins tales como meter o equipo de música cando exerce de Dj porque, según el, cas barras encaixa perfectamente e non se move. Na sua casa o vehículo ten un fan mais, concretamente o mais pequeno do fogar que se asombra so ca estética do automobil.

Un tempo despois, levouno ó circuíto de “A Madalena” onde se deu conta de que o coche precisaba moito traballo para chegar a ser algo similar ó icónico AE86 que vira nos seus vídeos. Antes de presentar a multitude de modificacións coas que conta o noso protagonista, revisaremos a ficha técnica orixinal do Hachi-roku.

A culata do propulsor orixinal, deseñada por Yamaha, estaba provista de 4 válvulas por cilindro, dúas árbores de levas (DOHC) e un sistema, chamado T.VIS, que aumentaba a xeometría da admisión a partir dunhas 4.200rpm. contaba con 1.587cc, 120cv e uns 940 quilos de peso que proporcionan a este vehículo unhas prestacións exquisitas que aseguran unhas máximas de 195km/h e un 0-100 de 8,5 segundos. A marca nipoa fixo fincapé, ademais de en deseñar unha mecánica efectiva, en coidar a construción e materiais usados para que ademais fora robusta, fabricando para o mercado xaponés unha versión de 130cv.

Estas cifras proporcionan que o AE86 fora usado en competición sendo rival directo no European Touring Car Championship (ETCC), de iconos coma o Mercedes 190E ou o BMW Serie 6, gañando o propio campionato de marcas con 267 puntos. Foi utilizado, así mesmo, en probas de rally sendo, incluso despois de retirado, un coche suficientemente competitivo. A disciplina onde o Levin destacou foi en Drift, onde se popularizou grazas ós pilotos da época.

Inda que este vehículo gozaba dunhas características nada depreciables para a época como o autoblocante de discos de serie, Manu decidiu realizar unhos cambios ó modelo para adaptalo ó seu gusto. O motor non acepta a turboalimentación por limitacións mecánicas en bielas e cigüeñal, así que Manu decidiu comprar un motor de Toyota MR2 Supercharger (4AGZE) procedente de Irlanda rectificado e reconstruído por el mesmo. Ademais, monta un embrague cerámico TRD e un escape artesanal de procedencia xaponesa do cal o dono descoñece a marca e que vai colocado, a diferenza do orixinal, baixo o eixe. No apartado do manexo, personalizouse con cambios nos freos e unha suspensión Blistein con corpo roscado para montar muelles estreitos e casqueillos de poliuretano nas barras estabilizadoras a parte dunha dirección Quaife e uns brazos mellorados.

O Toyota AE86 foi un expoñente do movemento Drift, no plano cultural, destacan cameos en películas de acción como “Fast and Furious: Tokyo Drift”, na citada Initial D, así como nas famosas sagas de videoxogos “Need for Speed”, “Gran Turismo, “Forza” e un amplio etcétera.

Tal foi a influenza deste vehículo que Toyota lanzou en 2012 un automóbil chamado GT86 despois da gran acollida do prototipo FT-86 inspirado mecanicamente en honor a este mito para todos os afeccionados a este mundo.

Next Post

Previous Post

Leave a Reply

© 2018

Iconos diseñados por SimpleIcon desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY
Iconos diseñados por Freepik desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY

Nuestros Patrocinadores: