PETROULHEADS

SEAT 600

seat 600

 

portada 600

Moitos vehículos son coñecidos por ser mais rápidos, máis áxiles ou máis complexos tecnicamente ca outros, pero o que nos ocupa hoxe é a historia dun modelo que cambiou o país e que supuxo unha gran diferenza en como se entenden as distancias hoxe en día. Estamos a falar do SEAT 600 que, para unha gran parte da poboación dunha España de posguerra, foi o seu primeiro coche, nunha época na que ter un automóbil era un luxo que moi poucos podían permitirse. Ese foi o obxectivo do goberno ditatorial de Francisco Franco ó crear o SEAT  no ano 1950 a través do INI (Instituto Nacional de Industria) fabricando baixo licenza FIAT a cal sería a súasocia tecnolóxica e a súa vez tería un 7% da marca. Isto supuxo unha industria participada maioritariamente por un estado a exemplo de outras compañías creadas por gobernos para dinamizar a industria automobilística dun país, como Volkswagen, a marca alemá fundada polo réxime de Hitler.

O modelo no que se basa o SEAT 600é o do FIAT 600 creado por Dante Giacosa  un dos maiores xenios do mundo do motor do país transalpino. Deseñador e autor de outros vehículos icónicos como o FIAT 500 ou o FIAT 127, tamén comercializado pola marca española baixo o nome de SEAT 127 supoñendo un grande éxito para ambas compañías.

O SEAT 600 foi lanzado no mercado hispano no ano 1957 e sería fabricado ata 1973 cun gran éxito, acadando as 783.745 unidades fabricadas baixo o nome da empresa con sede en Barcelona.

Hoxe a falta dun, temos dous espectaculares exemplares deste mito sobre rodas, a versión E, a máis moderna, pertencente a familia de Efraín e a edición D, a máis antiga, da que é propietaria a familia de Luís.

seat 600 ourense

Este SEAT 600E amarelo garda unha historia detrás, é un vehículo matriculado no ano 1977 e comprado orixinalmente en Madrid polo avó de Efraín, que foi autor da electrónica dunha lenda do automobilismo ourensán como é o Alpinche. O pequeno 600 estaba case de estrea, tiña seis meses e pouco máis de dous mil quilómetros no seu hodómetro. O coche representa perfectamente a historia desta máquina co país xa que según nos conta o seu dono foi con el co que tres xeracións aprenderon a conducir. Este modelo consérvase practicamente no seu estado orixinalmantendoos cromados algo desgastados como é habitual polo paso do tempo. A pesar do seu pequeno motor do que falaremos despois este vehículo acada os 110 quilómetros por hora e según nos di Efraín “é un chisqueiro” non consume practicamente nada e, ó tratarse dun modelo antigo cunhas suspensións de ballesta, hai que ter moito coidado sobre todo cando chove debido ó fácil que é que o coche se descontrole. Tamén nos comenta o seu proxecto frustrado de convertelo a Abarth debido as homologacións sobre todo pola forma da defensa dianteira.

seat 600 hierba de lado

A unidade azul é propiedade da familia de Luís que recoñece que o seu600 Ddo ano 1962 é o coche mimado da casa por ser sempre anhelado polo seu pai. A pesar de ser segundos donos do vehículo conta cun motor reconstruído, un retrovisor e o cinturón do piloto cambiados o resto está no seu estado orixinal. Según Luís esta unidade alcanza os 70 quilómetros por hora de máxima o que impide que poda circular por autovía. Ó igual que Efraín, Luís coméntanos que son coches moi duros e cun consumo irrisorio inda comparándoos con automóbiles de hoxe en día.

seat 600 cuadro

As diferenzas entre ambos vehículos son claras, xa que na distancia pódense apreciar que o SEAT 600 D  ten unhas portas coñecidas como “suicidas” que ábrense de adiante cara atrás mentres que no modelo posterior (600 E) ten unhas portas con apertura a favor do vento cambiadas para minimizar o risco de que se abrisen en marcha pola acción do aire. Popularmente dise que se cambiou o modo de apertura porque ó baixarse do mesmo as mulleres con saia, víaselle a roupa interior e por isto é coñecido como o “Mirabragas”. Ademais disto nos modelos orixinais D só existían lixeiras variacións estéticas como os faros ou o deseño frontal. Produciuse outra versión máis moderna chamada L coa evolución de todos os compoñentes do coche.

seat 600 piloto

No que se refire as motorizacións, todas as unidades estaban producidas con motores de catro cilindros en liña con carburación, en todas as versións equipaban un Bressel 28 ICP-6/10 excepto no 600 orixinal que levaba un carburador Weber 22 IT, variaban tamén na cilindrada sendo a orixinal de 633 cm3. O resto dos motores tiñan 767 cm3 de cubicaxe. As potencias ían dos 21,5 CV da versión normal ós 29 CV que tiña o L pasando polos 25 CV dos modelos protagonistas deste artigo.

Este vehículo chegou a ser preparado por Abarthentre outros inserindo o seu motor A112 de 982 cm3 con un resultado de 58 CV. Hai preparacións con maiores motores debido ó histórico deste modelo e a gran cantidade de admiradores que ten, pero a máis recordada será a de Abarth que supuxo un dos grandes éxitos do preparador italiano.

seat 600 alameda

Cando un coche é tan popular as marcas apresúranse a ter bastantes versións para cubrir todo o mercado e o SEAT 600 non foi menos. Na maioría de variantes do FIAT 600 como a Multipla (en España chamada Múltiple) que era unha versión furgoneta de 6 prazas ou a Formichettaque era a edición furgoneta industrial do 600, así como outras tantas, unha das máis destacadas era o SEAT 800 que contaba con catro portas, as dianteiras con apertura “suicida” e as traseiras con apertura convencional, este exemplar foi especial por ser fabricado exclusivamente por e para SEAT xa que o FIAT 600 non chegaría a contar con esta versión.

seat 600 city

Este modelo representa a historia de moita xente que, con toda a súa ilusión, percorreu o país por vez primeira, sentindo, a pesar dos tempos convulsos, o seu momento de liberdade. Esta ilusión vese no intre no que os nosos dous protagonistas circulan, xa que, ó velos, a xente de avanzada idade lembra as proezas que transcorreron fai xa medio século tras as portas deses coches que gardan miles de historias.

Next Post

Leave a Reply

© 2018

Iconos diseñados por SimpleIcon desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY
Iconos diseñados por Freepik desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY

Nuestros Patrocinadores: