PETROULHEADS

O 911S de Félix

O 911 S do félix

Non todos os días se aliñan os astros para que se mesture a historia dunha das marcas icónicas da industria do automóbil cun dos grandes divulgadores do noso país. Estamos falando de Porsche, á marca fundada en Stuttgart en 1931, e Félix Rodríguez de la Fuente, amante da natureza que durante 20 anos ensinou a todo un país a respectar a nosa fauna. Sumado a todo isto está que o vehículo do que hoxe vos falamos é propiedade da familia González que como demostraron coa nosa entrevista ó BMW E21 tratan os coches con moito cariño.

Cando Félix Rodríguez de la Fuente acadou á fama a comezos dos anos 60 polos seus documentais sobre a cetrería financiados polo goberno de España, en Alemaña Porsche lanza o seu entón coñecido como 901, posteriormente chamado 911, debido a que Peugeot tiña rexistrados comercialmente en Francia todos os números de tres cifras cun 0 no medio. Porsche, que xa fabricara os números que ían ir nos seus coches, utilizou os números restantes que tiña dispoñibles, o 9 e o 1, chamándose así 911.

Porsche 911 Félix Rodíguez de la Fuente

A historia deste 911s en concreto comeza cando Félix adquiriu esta unidade como premio persoal en 1974 nunha época na que a compra de coches de luxo estaba moi restrinxida sendo seriamente polo goberno de España. Este 911, cando estaba coidado por Félix, realizaba o mantemento asidua e meticulosamente. No ano 1980 o divulgador falece nun tráxico accidente de aviación en Alaska; o coche mantívose parado e quedou á cargo da súa filla que anos despois o puxo en funcionamento realizando 10.000km con el. Durante os seguintes 16 anos o Porsche foi almacenado por un concesionario de Audi en Madrid amigo da familia.

Esta historia continua co seu segundo dono, un coleccionista de motos de Alicante, que o viu no concesionario e interesouse nel. Sen embargo, o camiño para adquirilo non foi fácil; tivo que poñerse en contacto coa viúva de Félix Rodríguez de la Fuente, Marcelle Parmentier, coa que só podía contactar por carta manuscrita. Pese a isto, cando conseguiu acceder á muller, esta non aceptou venderlle o automóbil. Tempo despois, o concesionario pechou e a familia decidiu desfacerse do coche. Pasados os anos, o segundo dono púxoo a venda, momento que aproveitou José Antonio, o actual propietario, para adquirilo.

Porsche 911 Félix Rodíguez de la Fuente

Cando lle chegou o coche á familia González este foi repintado debido ós defectos de pintura que tiña, ademais de poñerlle un faro e un retrovisor que lle faltaban e incorporarlle luces antinéboa, así coma uns amortecedores novos con características semellantes aos de orixe. No que se refire ó mantemento, este coche con apenas 65.000km non presenta demasiada complicación debido a que Porsche garda no seu haber unha gran cantidade de recambios ao que tamén contribúe a conservación de toda a documentación orixinal do vehículo e dos mantementos.

O Porsche 911 foi presentado en 1964 no salón de Frankfurt substituíndo ó Porsche 356. Nun principio, é equipado cun motor bóxer de 2 litros que contaba con 6 cilindros e 130CV, 160CV no primeiro 911s, pero iráselle aumentando a cilindrada engadindo o motor de 2,2l en 1969 e o de 2,4 en 1971. Non é até 1974 cando o 911 recibe un redeseño total da súa carrocería incorporando paragolpes con foles de plástico no mercado americano para superar os duros criterios que impoñía Estados Unidos. No resto de modelos instalouse unha estrutura tubular para absorber, pero esta debía ser renovada en caso de golpeala. O motor era un 2,7 tamén bóxer de 6 cilindros e 150CV, 175CV no 911s, pero equipando a inxección electrónica BOSCH K-Jetronic incorporada un ano antes no Carrera RS a diferencia dos modelos anteriores que levaban inxección mecánica e lamias de aluminio. Estes serían los últimos modelos da primeira xeración de 911, en 1975 chegaría a serie 930. Non é ata 1998 na xeración 996 que Porsche cambia unha de las características tradicionais dos seus 911 substituíndo a súa mítica refrixeración por aire por un sistema de propulsión refrixerado por auga.

Este 911s co seu motor de 2,7l ten un sistema de acelerador de man para arrancalo, segundo nos conta o seu dono, no inverno é necesario mantelo máis tempo para que arranque, tamén nos explicou que é un vehículo que entrega a súa mellor resposta entre as 5000 y las 6000rpm así que ó posuír unha dirección moi directa e uns efectivos freos de disco ventilados námbolos dous eixes a condución é próxima a dun kart a pesar de que, debido a lonxevidade do vehículo, se mostre algo áspero en certas ocasións tendo en conta os estándares actuais.

Como detalles curiosos dicir que o coche ten un adhesivo que indica a presión das rodas para ir por enriba dos 200km/h, así como un pano no acceso ao depósito de combustible para que non sexa raiado ó encher. Este Porsche 911s conserva a documentación orixinal ademais do seu set de ferramentas tamén orixinal.

Cando pensas nun coche con motor bóxer traseiro e tracción traseira o que se che vén á cabeza é 911. Este modelo forma parte da historia do automobilismo tendo un gran éxito en competición ó ganar nas 24h Le Mans, na Targa Fiorio ou nas 24h de Daytona entre outras sen menosprezar o seu éxito entre os afeccionados ó motor, sendo garantía dun comportamento dinámico excelente. O 911 significa Porsche e Porsche significa historia. Entendendo isto, compréndese porqué Félix Rodríguez de la Fuente, cando puido permitirse un deportivo, elixiu este coche. Tamén é entendible que a familia González o coide tanto e que, pese a conducilo de canto en vez, gocen de cada minuto con el. Utilizárono nalgún rally de regularidade, sen embargo, o mal estado dos tramos fai que sexan moi selectivos cós eventos aos que o levan. É un vehículo que chama tanto polo seu son como pola súa estética e que, para nós como Petroulheads, foi un pracer poder gozalo.

Porsche 911 Félix Rodíguez de la Fuente

Next Post

Previous Post

Leave a Reply

© 2020

Iconos diseñados por SimpleIcon desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY
Iconos diseñados por Freepik desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY

Nuestros Patrocinadores: