PETROULHEADS

Mercedes-Benz 190E 2.3

Mercedes-Benz 190E 2.3

 

Como amantes do automobilismo, gústanos, ademais de aprender cada día un pouco máis do mundo do motor, coñecer a historia que cada coche garda detrás do seu contaquilómetros así como o porque da súa fabricación. E xa que estamos, por que non compartila con vós?

Esta é a historia dun Mercedes, en concreto dun 190 E 2.3 16v, un coche que caeu en mans do seu actual propietario, Federico, que leva desfrutando e utilizando día a día desde fai máis de dúas décadas.

O Mercedes 190 é un vehículo que foi lanzado a mediados dos anos 80, unha época marcada politicamente pola Guerra Fría e a caída da URSS, a nivel musical pola publicación de Thriller de Michael Jackson ou a aparición do grupo Guns N’ Roses e na que, paralelamente a fabricación da berlina alemana, tamén se desenrolaron auténticas lendas como o BMW M3 E30, ou o Ford Sierra Cosworth, cos que rivalizaba directamente, e o VW Golf, o Mazda MX-5 ou o Ferrari F40 que foron auténticos referentes nos seus respectivos segmentos.

O modelo que nos ocupa naceu da necesidade da marca de Stuttgart de acercar os seus coches ás clases populares nunha época na que Mercedes-Benz era unicamente un fabricante de coches de luxo. Para conseguir tal obxectivo, lanzan o modelo W201 en 1982 e, particularmente a versión da que falamos, cun motor gasolina de 4 cilindros en liña, 2.3 litros de capacidade e 16 válvulas. A culata foi mellorada por Cosworth alcanzando 185 cabalos de potencia cunha velocidade máxima de 235Km/h, unhas cifras nada depreciables para a época e incluso hoxe en día.

Co 190 iniciouse unha laureada colaboración coa preparadora AMG que segue na actualidade acompañando ás versións máis radicais da marca, e todo polo capricho de Ringo Star (batería de The Beatles) de optimizar a unidade que tiña.

Como acostuma a marca da estrela, presume dunha alta fiabilidade que mantén ata os nosos días, o que é sorprendente considerando o seu extenso equipamento (como o teito solar, o aire acondicionado, o ABS, lavafaros…). segundo o propio Federico: “non deu ningún fallo”. A carrocería é unha berlina de 4,4 metros de longo cun deseño deportivo sen perder o luxo que caracteriza a marca alemá. Este automóbil destacaba por ter unha excelente suspensión de cinco brazos aclamada polos críticos e os seus propios clientes.

A día de hoxe, Federico asegura que o coche conserva o seu estado orixinal, que non ten un consumo excesivo, en torno os 10 litros aos 100 km, que é versátil, sendo posible usalo para “todo” e que confía plenamente na súa capacidade, tanto ó comparalo con coches actuais como ó planearse unha posible compra alternativa na época na que adquiriu o vehículo.

Este coche foi unha das razóns polas que outra gran marca alemá como BMW, no ano 1986, decide sacar o M3, a versión máis deportiva do E30, un coche que se rumorea está inspirado mecanicamente no 190E. A pesar de ser o E30 un coche aclamado polos afeccionados ó automobilismo e o Mercedes estar no segundo escalo no que a fama se refire, Federico teno claro e prefire o 190; “non o cambiaría por nada”.

Esta é a historia dunha lenda viva que por motivo do M3 foi esquecida. Sen embargo, merece a pena lembrar cando a marca que deu forma a nosa afección acercou un pouco máis a emoción do luxo dos seus modelos, ás clases populares.

Next Post

Previous Post

Leave a Reply

© 2018

Iconos diseñados por SimpleIcon desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY
Iconos diseñados por Freepik desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY

Nuestros Patrocinadores: