PETROULHEADS

Club Nipón Ourense

Club Nipón ourense

 

Cando buscabamos como comezar este proxecto apaixoante como é PetrOUlheads o noso único obxectivo era contar a verdade que esconde cada coche e cada dono, porque non cremos que haxa un coche sen historia. Desde o día de hoxe nesta web, contaremos as historias do mundo que nos apasiona, o do automóbil, todo a través das palabras de xente que vive entre goma e gasolina.

Non cremos empezar de mellor maneira que cos nosos amigos de Club Nipón Ourense. Un club de amigos que desfrutan dun estilo de vida que rodea ós coches xaponeses. Desde fai anos levan compartindo momentos e unha paixón ata entón incomprendida na zona. O conxunto, que se fai chamar “A tropa”, destaca polo compañeirismo entre os seus membros. Proba de esto, é que no momento no que alguén precisa axuda, mobilízanse para resolver o problema, sexa por unha batería ou por gasolina.

O camiño inicial non foi fácil, todos puxeron da súa parte para construír o grupo que hoxe coñecemos, sen reparos á hora de presentar o seu proxecto os donos de coches xaponeses que atopaban pola cidade de Ourense e invitándoos a formar parte de esta comunidade.

A día de hoxe conta con 40 membros que demostraron non solo a vontade de entrar se non a actitude apropiada para formar parte do grupo coñecido na cidade como “Os Yakuza”.

O Club Nipón representa o respecto. Non se discrimina se os coches están preparados ou de serie, o importante son as persoas. As máquinas son o pretexto para desfrutar en grupo. “Calquera pode entrar pero non pode entrar calquera”, como nos comentan os seus administradores. Para acceder ó grupo os membros comproban se os aspirantes comparten afinidade co resto de integrantes; o bo comportamento é unha condición clave e o dereito a ter a pegatina e a indumentaria do club é unha recompensa a esto.

O grupo non se plantea límites de crecemento, o seu único propósito é dar a coñecer a súa paixón, pór a esta humilde familia no mapa, mostrando ó mundo que dentro do grupo poden convivir gustos diferentes.

Unha cousa é a paixón e outra a vida diaria, eles mesmos recoñecen que non é doado compaxinar o día a día con esta adición. Esto non quita que queden entre eles para tomar un café, charlar e poder desconectar. Ao final todo esto vale a pena.

Como mostramos nas imaxes, estes vehículos “made in Japan”, teñen unha estética única e saíron gañando co paso do tempo. Algúns deles destacan pola súa rareza e exclusividade.

Seguir a actividade do Club Nipón Ourense é doado. Teñen páxina de Facebook e conta de Instagram (@club_nipon_ourense). Grazas a esto coñeceron a xente do resto do país, que visitaron ó grupo en diversas ocasións, quedándose cunha boa impresión da camaradería e complicidade da organización ourensá.

Como anécdota, un seguidor de Instagram, aproveitou unha viaxe a Ourense dende Madrid, para visitar aos membros do club. Así como outro amigo valenciano do grupo que se marcou unha ruta ata Galicia coa intención de coñecer e desfrutar da gastronomía local e das Termas ourensáns

Este club xa alcanzou interesantes logros, como cerrar parte do aparcamento do Centro Comercial Ponte Vella no estreo da película “Fast and Furious”, atraendo un numeroso público ou tamén participando en eventos automobilísticos da provincia, dende rutas de clásicos ata tandas no Circuíto Choqueiro.

Na cara deportiva, a tropa está orgullosa de contar coa representación dun Nissan 350Z no Campionato Galego de Rallys, co cal participaron nas vodas de ouro do Rally de Ourense, un histórico no calendario nacional, cumprindo así coa ilusión de infancia de moitos dos integrantes do club.

Esto non queda aquí, aínda quedan moitos quilómetros por percorrer e xa están preparando o seu evento de aniversario en Febreiro. Nós tampouco paramos, si vos gusta este proxecto, estaremos encantados de traervos máis contido, ¡Benvid@s a PetrOUlheads!.

Previous Post

Leave a Reply

© 2018

Iconos diseñados por SimpleIcon desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY
Iconos diseñados por Freepik desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY

Nuestros Patrocinadores: