PETROULHEADS

BMW M3 E36

bmw m3 e36

bmw m3 e36 portada

Nunca é doado mellorarte a ti mesmo, ou iso é o que deberon de pensar en BMW ó intentar idear un sucesor para o seu exitoso M3 E30. Pero no ano 1992, no Salón do Automóbil de París, presentaron a segunda xeración da súa histórica saga coñecida mundialmente como M3. O primeiro modelo que presentaron sería o que incorpora o motor de 3 litros de cilindrada que daba como resultado unha potencia de 282cv, este modelo non sairía no mercado americano, onde se ofreceu unha versión menos potente de 240cv para cumprir coa lexislación  medioambiental estadounidense. O mesmo pasou cando en 1995 foi presentado no salón de Frankfurt unha edición cunha cilindrada de 3.200cc que melloraba as prestacións do seu predecesor, mentres en Europa contaba con 316cv e unha caixa de cambios manual Getrag  de 6 velocidades que sería usada na parte interna do novidoso SMG (Secuential M Geartbox), en América ofrecíase cos mesmos 240cv e idéntica caixa de cambios que o 3.0, mantiña o mesmo ratio de compresión que o ofrecido no vello continente pero cambiando cigüeñal, sistemas de escape e admisión, válvulas e outros compoñentes internos, este último será o noso protagonista hoxe.

bmw m3 e36 hood

M3 significa carácter, deportividade, nervio, agresividade, historia. Hoxe traemos un M3 especial. Trátase dun E36 traído de Estados Unidos, é dicir, totalmente distinto ó que podemos ver por estas estradas. Esta unidade pertence a Johnny,  un rapaz que leva os coches no corazón. A historia de como conseguiu este M3 comezou coa procura dun 328i. Pero xusto ó sacar o carné de conducir presentóuselle este coche, cando un amigo do seu xefe tróuxoo para probalo, non o dubidou e mercouno.

bmw m3 e36 owner

O que fai especial a este BMW, a parte do seu magnífico estado de conservación, é a multitude de detalles que o seu dono lle foi incorporando, como: as pinzas de freo pintadas en negro coa M en vermello, o splitter dianteiro e o difusor traseiro con hidroimpresión en carbono, do cal Johnny confésanos que non foi fácil atopar un sitio no que fosen capaces de adaptar o vinilo as caprichosas formas da defensa posterior, unha cola de escape RC Racing que acentúa máis o aspecto deportivo deste E36 dotándoo dun son aínda máis profundo, as rodas Fox de 18 polgadas ou un volante desprazado OMP de tres brazos que encaixa á perfección no interior do bávaro. Por outro lado, os numerosos extras dos que dispón esta unidade como: o teito solar, o completo ordenador de a bordo, o limitador de velocidade ou os asentos de coiro, tamén contribúen a facer deste vehículo unha unidade única.

bmw m3 e36 seat
bmw m3 e36 exhaust

O seu propietario, a nivel mecánico, tamén incorporou numerosas melloras como os amortecedores Bilstein B6 con resortes Eibach, barra de torretas traseira feita artesanalmente e, coa intención de acadar a potencia do modelo europeo, instalou a súa admisión, máis libre de restricións e normativas proporcionando un aumento do caudal de aire nun 30%.

bmw m3 e36 suspension
bmw m3 e36 steering wheel interior

A pesar dos máis de 25 anos do seu deseño, o E36 segue vixente segundo os canons actuais e como se pode ver nas imaxes a variante importada de Johnny é moito máis agresiva no que a estética se refire que a vendida en Europa, con diferenzas en: defensas, aletas, molduras de plástico, alerón, espellos ou a falta de anti-néboa traseiro no exterior e o cadro, que indica a velocidade tamén en millas e o consumo instantáneo en millas por galón ou o degradado do limitador de revolucións, a parte inferior da consola central que está elevada.

bmw m3 e36 front light

Este vehículo mantiña rivalidade co tamén alemán Mercedes, neste caso co C36 AMG e coa última época do seu exitoso anterior modelo, o 190E, que xa analizamos en PetrOUlheads. Unha batalla diluída polo empeño da marca de Stuttgart de fabricar modelos luxosos para as clases máis ricas, mentres BMW achegaba máis a deportividade ás clases populares.

bmw m3 e36 roundabout

Johnny encontrouse de casualidade ante o que é o coche da súa vida sen sequera pensar antes nel. Grazas a esta paixón e á súa maneira de poñelo ó seu gusto, estamos ante un grandísimo exemplar de BMW M3 E36, que non só é diferente por ser unha edición americana en Europa, é diferente por ser o E36 de Johnny e todo o tempo e cariño que o seu dono dedicou.

bmw m3 e36 driving

Next Post

Leave a Reply

© 2018

Iconos diseñados por SimpleIcon desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY
Iconos diseñados por Freepik desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY

Nuestros Patrocinadores: