PETROULHEADS

BMW 323i E21

bmw 323i E21

E21 323 Petroulheads

Todos os amantes do automobilismo tivemos un modelo que marcou a nosa infancia ou xuventude, un que nunca esqueceremos a pesar do paso do tempo, a veces no é máis que un desexo que nunca chega a realizarse, e noutras ocasións, ese desexo cámbiase por un desexo maior, pero de cando en vez eses anhelos da infancia fanse realidade e moitas veces supoñen vincularte a unha marca ou outra.

E21 Puente

Cando pensamos en BMW sempre se nos ven á cabeza o seu Serie 3 e sobre todo, as súas variantes M, que levaron a moitos a converterse en fanáticos da marca bávara con modelos como o E36, que xa vos presentamos, así como o resto das xeracións ata a actual F80. Sen embargo, o M3 máis representativo que foi a auténtica icona da marca e o primeiro da mencionada saga foi o E30, pero existe un precedente a este, trátase do E21 que constitúe o primeiro Serie 3 de BMW do cal ímosvos falar nesta reportaxe.

BMW 323

Un vehículo do ano 1982 que José Antonio, o seu actual propietario, mercou varios anos despois cumprindo o seu soño de xuventude, cando só os máis podentes podían acceder a mercar un. Cando se puido permitir un, apareceu este modelo orixinario de Suíza de onde procede o seu característico sinal que é a ferradura no seu frontal. Tendo en conta que este coche fabricouse ata o 83, podemos deducir que estamos fronte a unha das últimas versións incluíndo por tanto todos os extras dispoñibles, tales como: dirección asistida teito solar, o espello retrovisor dereito eléctrico, faros antinéboa e asentos Recaro que segundo José Antonio son moi difíciles de atopar ademais de que os poucos que hai a venda, teñen un prezo moi elevado.

Cuadro BMW E21
Recaro BMW

Mecanicamente, esta unidade equipa un motor de 2,3 litros conformado por seis cilindros en liña que mediante un sistema de inxectores Bosch K-Jetronic proporciona unha potencia de 141CV . Toda esta potencia, nada desprezable, é aproveitada pola caixa Sport de cinco velocidades con autoblocante, que era a opción mais deportiva das que ofrecía BMW, na que, a quinta marcha establecía unha relación de transmisión 1:1, a diferenza da caixa ECO na que esta mesma servía para baixar consumos. Esta unidade equipa suspensión McPherson no eixo dianteiro e independente atrás que lle proporcionan un excelente comportamento aínda hoxe en día.

O paso dos anos demostrou a excelsa fiabilidade do vehículo que sumado aos grande coidados que lle da a familia González contribuíron ao seu excelente estado de conservación. Un exemplo de isto é que , cando se lava o coche, sécano cun calefactor industrial para eliminar calquera rastro de humidade que puidera danalo en días de choiva, o resto dos días é secado en marcha. Outra mostra é que cando o adquiriron, decidiron repintalo completamente malia non ter grandes defectos na pintura para deixalo impoluto como se pode observar nas imaxes.

Pai e fillo desfrutan habitualmente do seu E21 nos diferentes rallyes de regularidade que se organizan en Galicia. Teñen de referencia o seu BMW 2002 e o seu Porsche 911, pero o 3213 ten características propias de vehículos moito mais modernos gracias aos freos de disco en ambos eixos, sendo ventilados os dianteiros; o autoblocante ou a caixa de cambios sport que lle aseguran recuperacións satisfactorias en case calquera marcha e permítenlle manter os ritmos requiridos nesta especialidade. Segundo o propio José Antonio, o 2002 é mais dócil e áxil nas súas reaccións, sen embargo, o Serie 3 en canto a chasis é moito nais permisivo, aínda que ten un comportamento máis delicado levado ó límite.

As grandes virtudes deste modelo foron probadas en numerosas probas competitivas nas que BMW aproveitou a plataforma deste vehículo para desenvolver o E21 Grupo 5 que destacou en 1978 por dominar na clase de dous litros contra os Porsche 934 e 935. Tamén participou no campionato Europeo de Turismos e nas carreiras de resistencia como as 6h de Mugello ou as 24h de Spa. Así mesmo obtivo destacables resultados no Grupo 2 de rallyes da época e, a día de hoxe, seguen sendo utilizados nas categorías de históricos xunto ao seu predecesor o BMW 2002.

Retrato Blanco y Negro

O coche que José Antonio ma súa infancia contemplaba dende lonxe co firme desexo de obtelo agora e seu e, a pesar do gasto inicial na compra do coche, é unha inversión que segundo el mesmo afirma valeu a pena, non só polo incremento de valor do modelo precursor do E30, senón tamén por tódalas horas e toda a paixón empregadas nel as cales foron recompensadas simplemente có goce proporcionado polo vehículo que xa é un membro máis da familia.

Next Post

Previous Post

Leave a Reply

© 2021

Iconos diseñados por SimpleIcon desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY
Iconos diseñados por Freepik desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY

Nuestros Patrocinadores: