PETROULHEADS

Alfa Romeo GTV

Alfa romeo gtv

 

alfa romeo gtv

Nunca é fácil dicir adeus e aínda o é menos se do que te despides aportouche moitos momentos de felicidade. Esta é a situación na que se encontra Manu co seu Alfa Romeo Gtv do cal os imos a falar neste artigo. A Manu xa o coñeceredes da nosa entrevista co seu espectacular Lancia Beta e como se demostrou neste reportaxe trata con moito mimo a todos os seus vehículos e veredes como este Gtv non é unha excepción.

A historia do Gtv, Gran Turismo Veloce, remontase o seu predecesor no que está claramente inspirado, o Alfa Romeo Alfetta Gtv deseñado por Giorgetto Giugiaro no 1974. Este modelo foi icónico e chegou a ser referente para a marca con sede en Turín. Vinte anos despois, a marca italiana homenaxeou a este mítico modelo con esta nova versión contratando a Enrico Fumia de Pininfarina para deseñalo. Sen embargo, o seu deseño interior non foi aprobado e lle correspondería a Walter da Silva esta tarefa. A súa vez, sería lanzado o Alfa Romeo Spider, a versión Roadster do Gtv ca que comparte gran parte dos seus compoñentes e que lle serviu para recordar o Giulia Spider dos anos 60.

A produción deste vehículo constou de 3 fases. Entre as dúas primeiras, a do 95 e a do 98, as diferenzas eran sobre todo estéticas especialmente no interior. Na fase 3, do 2003, xa se producían cambios como a grella, que herda un aspecto similar ao do 147, e modificacións nas defensas levando o portamatrículas nun lateral. A unidade de Manu é un fase 2, concretamente do ano 2001, que comprou en Vigo no 2016. Pese a que actualmente velle máis fortalezas que debilidades, esta non era a súa primeira opción. De feito, acordou cun amigo intercambiar seu antigo Alfa Romeo 156 polo Fiat Coupé deste pero, o probalo e aínda que estaba moi equipado e viña de Alemaña con 220 CV e turbo, non acabou de convencerlle. Outra opción era un Gtv V6, pero, para usalo a diario, era imposible a nivel consumos e o seu mantemento era máis custoso.

Tendo en conta todo o anterior, a versión atmosférica de 2 litros e 4 cilindros pareceu ser a mais razoable. Por elo, Manu decantouse por este vehículo: era barato, o mantemento non foi todo o exhaustivo do que lle gustaría, xa que tiña o termóstato avariado e unhas buxías non adecuadas, que o facían consumir de forma excesiva, e no que se refire a estética nin a cor, gris prata, nin o estado da carrocería eran óptimos pero, a posibilidade de deixalo como o vedes nas imaxes e o feito de contar con todos os compoñentes e grampas, animou a o noso protagonista a facerse con el e sanealo pouco a pouco.

Restaurouse como un clásico desmontando e repintando cada parte en cor vermello Missano Rot na chapistaría “Barra de Miño” e retapizáronse en coiro partes do cadro de mandos e detalles interiores. Todo elo, unido o alerón e as lamias 17, difíciles de conseguir semellantes que no resto de compoñentes, contribúen a darlle un aspecto impoñente que non deixa a lugar á indiferenza o velo pasar.

O Gtv nesta época non tiña rivais directos. Cada marca entendeu o concepto de deportivo “pequeno e asequible” a súa maneira, ofrecendo un amplo abanico de motorizacións e traccións, obtendo polo tanto, diferentes resultados no mercado. Por todo elo, poríamos comparalo case en exclusiva polo volume de ventas con coches moito mais comerciais como o Audi TT ou o Toyota Celica e outros, similares as ventas mais contidas do italiano, como o Mitsubishi Eclipse ou o Ford Cougar.

Na estrada, segundo o propio Manu, gozase nunha estrada nacional cun bo firme. Non é un coche para “tramear” porque pese a contar cunha distribución variable, a cal lle serve para ter un bo par en baixas, o feito de ter unha caixa de cambios cunhas marchas moi longas e o seu elevado peso dificúltanlle a chegada á parte alta do conta voltas onde o coche entrega todo o seu potencial.

Se continuara con el, o seu ata agora propietario planeaba preparalo alixeirando o volante motor pero o peso e a tracción dianteira lastran a un vehículo que de outra maneira sería un deportivo redondo. O elevado peso das súas portas, 60 kg cada unha, e un dos grandes peros que nos comenta o seu dono. Inda así, este non e o motivo fundamental polo que o vende. En realidade, conta co seu fantástico Lancia Beta e fai pouco adquiriu un interesante Autobianchi co que ten proxectos pendentes, o que lle impide usar o seu querido Gtv a diario. Manu vai a botalo todo de menos de un coche que sempre lle gustou. A súa saída o País Vasco non e casual dado que Manu sabe de primeira mano como vai ser tratado o seu coche e que o seu novo dono vai a poder desfrutalo como el o leva facendo. Todo esto, non quita que tanto Manu como os afeccionados o automobilismo botemos de menos esta xoia que tan desapercibido pasou para moitos e da que xa quedan poucas.

Next Post

Previous Post

Leave a Reply

© 2020

Iconos diseñados por SimpleIcon desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY
Iconos diseñados por Freepik desde www.flaticon.com con licencia CC 3.0 BY

Nuestros Patrocinadores: